public marks

PUBLIC MARKS with tags peixe & galego

2013

RAIA

by m.meixide
Este proxecto é a consecuencia dunha estratexia común asumida polas dúas rexións no ámbito do mar. Conflúen neste proxecto, socios de carácter operacional e outros de carácter tecnolóxico e científico. En todos os casos, existen xa proxectos no ámbito da oceanografía operacional nos que participaron de xeito conxunto algúns dos socios, polo que existe xa un punto de partida na colaboración e no coñecemento no ámbito mariño. Os resultados destos proxectos para a rexión noroeste ibérica (algúns dos cales menciónanse máis adiante) estarán dispoñibles para os desenvolvementos expostos aquí.

2010

Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo (CSIC)

by m.meixide
Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo - Consejo Superior de Investigaciones Científicas. O Instituto de Investigacións Mariñas está adscrito a dúas Áreas Científico–Técnicas: Recursos Naturais e Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos, e estructúrase en catro departamentos: Oceanografía, Recursos e Ecoloxía Mariña, Biotecnoloxía e Acuicultura, e Tecnoloxía dos Alimentos.

Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR

by m.meixide
CETMAR é unha Fundación promovida pola Xunta de Galicia (Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e Dirección Xeral de I+D) e o entón Ministerio de Ciencia y Tecnología (hoxe Ministerio de Educación y Ciencia). Como entidade de encontro e cooperación interinstitucional, están presentes no seu Padroado, ademáis das entidades promotoras, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Vigo (UVI), o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Secretaría General de Pesca Marítima (MAPYA),o Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca (CECOPESCA) e o Laboratorio Europeo de Referencia en Vigo (Ministerio de Sanidad y Consumo). O obxectivo de CETMAR é contribuír a mellorar as condicións para o desenvolvemento sostible dos recursos mariños, e, neste marco, contribuír a mellorar a eficiencia dos sectores da pesca, a acuicultura, a transformación dos productos pesqueiros e todas aquelas actividades directa ou indirectamente relacionadas có uso e a explotación do mar e os seus recursos. As súas principais estratexias oriéntanse á consecución dun maior grao de cooperación interinstitucional e integración interdisciplinar dos recursos de I+D do seu entorno, e unha maior implicación do sector productivo obxectivo no desenvolvemento de actividades de investigación, desenvolvemento, e innovación tecnolóxica.

PUBLIC TAGS related to tag peixe

cc +   ciencia +   cultura +   culturas +   galego +   Galiza +   gnu +   libros +   linux +   natureza +   OpenScience +   opensource +   otolitos +   PermaculturaEcoloxia +   r +   vigo +   web +   web2 +   windows +  

Active users

m.meixide
last mark : 21/06/2013 12:48